Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

deberesO día 18 de febreiro terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña unha sesión científica sobre Os deberes escolares a debate, na que participarán o Prof. Dr. José Carlos Núñez Pérez, Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Oviedo, o Prof. Pedro Rosário, Profesor Titular de Psicoloxía da Educación da Universidade de Minho (Portugal) e os membros do Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED) da UDC., que forma parte da Rede RIES.

E en relación coa temática, membros do citado GI PED (Antonio Valle, José Carlo Nuñez e Pedro Rosário) veñen de editar un monográfico na Revista de Psicología y Educación titulado Las "tareas para casa" a debate. Máis información na sección de outras publicacións dos Grupos de Investigación da Rede RIES.