Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

aponteA pasada semana (2-5 de febreiro), o profesor Miguel Anxo Nogueira, membro do GI DIOEP da USC, especialista en Orientación Educativa, desenvolveu diferentes sesións de orientación universitaria sobre as tiulacións de Ciencias da Eduación da Universidade de Santiago de Compostela.

O luns día 2 sería invitado a presentar o catálogo completo de titulacións de Educación a máis de 80 alumnos e alumnas de Bacharelato do Colexio La Salle de Santiago de Compostela.

Do martes 3 ao xoves 5 participaría no Programa "Encontros na Zona USC", recibindo na Facultade de CC. da Educación do Campus Vida a máis de 200 alumnos e alumnas de Bacharelato de centros educativos de moi diversa procedencia da nosa comunidade autónoma, interesados/as en coñecer os títulos de Grao de Educación Social e Pedagoxía, así como os diferentes Master impartidos no centro. Nestas sesións participaría a alumna do Programa de Alumnado Titor da USC, Natalia Iglesias, que acompañaría aos visitantes na sua estancia na Facultade, e tamén ofrecería a súa experiencia como alumna de 4º curso do Grao de Educación Social.

Ver presentación das titulacións