Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

cristina ceinosA profesora Cristina Ceinos, do GI DIOEP, está a realizar unha estadía na Escola de Psicoloxía da Universidade de Minho (Campus de Gualtar), en Braga, Portugal. Desenvolverá diferentes actividades do 17 de abril ao 18 de maio no seo do grupo Career Development and Counselling, dirixido pola profesora  María do Ceu Tavéira.

Entre estas actividades a realizar pola profesora, cabe destacar as seguintes:

-          Implicación en tarefas de apoio nas Teses de Licenciatura, Máster e de Doutoramento dirixidas pola Profesora María do Céu Taveira e levadas a cabo dentro do seu Grupo de Investigación.

-          Visitar Servizos de Orientación existentes en Braga.

-          Participación na elaboración conxunta, coa supervisora de dita estadía, dunha contribución científica centrada na temática de employment.

-          Planificación dun curso de formación a distancia baseado no uso das TIC para levar a cabo accións de orientación con xóvenes institucionalizados.