Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

xornadasries.jpg

A Universidade de Vigo salienta na súa web a celebración das Xornadas de Grupos de Investigación da Rede RIES, Investigación e Divulgación Científica, coordinadas polo GIES-10 da Rede RIES, dirixido pola profesora Margarita Pino. Entre as principais motivacións do evento destaca o feito de afondar na importancia de achegar a investigación, a divulgación do coñecmento científico, á sociedade.

Estas xornadas terán lugar o próximo xoves 19 de outubro na Facultade de CC. da Educación e do Deporte (Pontevedra).

A inscrición é gratuita e pode realizarse dende o seguinte enlace: https://es.surveymonkey.com/r/Xornada_Invest_RIES

+Información