Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

DSC02707O pasado 2 de febrero tería lugar unha xuntanza dos representantes dos Grupos de Investigación da Rede RIES para planificar a actividade deste ano.

Asistirían Miguel A. Santos Rego (Coordinador da Rede), Lorena Casal Otero, Mª Teresa Díaz García, Elena Fernández Rey, Mar Lorenzo Moledo, Mª José Méndez Lois e Antonio Valle Arias.

A reunión centrouse na planificación das actividades da Rede para o ano 2018. Debatéronse e acordáronse propostas englobadas nos seguintes apartados:

  • Organización de eventos (Congresos, Seminarios e Xornadas): desenvolveranse, por exemplo, o IV Seminario Aprendizaxe-Servizo non universitario; o XII Seminario Nacional de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante; ou unha nova edición do Seminario sobre revistas científicas en educación.
  • Actividades de formación, entre as que se realizarán un curso de metodoloxía de investigación e outro sobre redacción científica.
  • Elaboración dunha publicación conxunta dos Grupos que compoñen a Rede.
  • Convocatoria de axudas para estadías de persoal en formación da Rede RIES.