Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

ripo2019Os días 2 e 3 de maio celebrouse en Las Palmas de Gran Canaria o X Seminario da Rede Interuniversitaria de Profesorado de Orientación (RIPO), no que tería representación o grupo DIOEP da Rede RIES, achegando información sobre o Proxecto Erasmus + Crucial Impacts Career Choices (CICC).

Nesta décima edición, desenvolveríanse relatorios en relación á práctica da Orientación profesional da man de profesionais do ámbito e profesorado universitario. Tamén se faría un percorrido sobre a actividade da Rede ao longo destes dez anos de vida, así como trazando as futuras liñas a seguir de cara a contribuír a mellorar a formación dos profesionais da Orientación educativa e Profesional en España.

+Información no Facebook de RIPO: https://www.facebook.com/redripo