Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

ConPedagogia2020Do 1 ao 3 de xullo de 2020, celebrarase na Universidade de Santiago de Compostela o XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía, que nesta ocasión leva por título “La Educación en Red. Realidades diversas, horizontes comunes”, promovido pola Sociedade Española de Pedagoxía (SEP).

Preside o comité organizador Miguel A. Santos Rego, coordinador da Rede RIES e do GI ESCULCA da USC. Tamén formarán parte deste e doutros comités do evento un importante número de integrantes dos diferentes grupos da RIES.

O Congreso coincidirá coa celebración do Focal Meeting da World Educational Research Association (WERA), que terá lugar por vez primeira en España.

Así mesmo, o Congreso artéllase, baixo un principio de transversalidade, en torno á comunicación e colaboración científica efectiva das redes que constitúen RETINDE, xunto a outras na ampla esfera do saber educativo.

Toda a información de interese está dispoñible na web http://www.congresodepedagogia.es