Publicacións da Rede

  •  CD de Técnicas de Aprendizaxe Cooperativa
Este material de recente edición, e articulado no marco dunha acción mancomunada dentro da Rede sobre Inmigración, Educación e Sociedade (RIES), presenta algunhas das máis acreditadas técnicas de aprendizaxe cooperativa que permitan mellorar e optimizar a xestión da diversidade cultural desde a escola e, en xeral, desde o conxunto do sistema educativo.
1CARATULA APREND COOP

Estas foron as técnicas seleccionadas:

Quebracabezas de Aronson

Torneos de Equipos e Xogos

Equipos de Aprendizaxe por divisións de rendemento

Cooperación guiada ou estruturada

Investigación en grupo

CO-OP CO-OP

 Pódese consultar o contido do CD no repositorio da USC

 

Home