Documentos audiovisuais

 

"EN EL MUNDO A CADA RATO" (2004)

1caratula enelmundoacadarato

Proxecto documental producido por TUS OJOS en colaboración con UNICEF para contribuir á protección dos dereitos da infancia no mundo. Abórdanse as cinco prioridades de UNICEF: a educación das nenas, o desenvolvemento integrado na primeira infancia, a inmunización, a loita contra a SIDA e a loita contra a violencia, a explotación e a discriminación. Son cinco historias rodadas en distintos países do mundo e cuxos protagonistas son os nenos.

"O segredo mellor gardado", de Patricia Ferreira e rodado na India.       VER DOCUMENTAL

"A vida efímera", de Pere Joan Ventura e rodado en Guinea Ecuatorial.  VER DOCUMENTAL

"Os sete sumidoiros", de Chus Gutiérrez e rodado en Arxentina.           VER DOCUMENTAL

"Fillas de Belén", de Javier Corcuera e rodado en Perú.                         VER DOCUMENTAL

"Binta e a gran idea", de Javier Fesser e rodado en Senegal.                 VER DOCUMENTAL

 


 

"PROVERBIO CHINO" (2005)

2provchino

 

 

Sergio quere traballar de camarero nun restaurante chino, pero o mundo non parece estar preparado para algo tan revolucionario. A resposta está no proverbio que atopará nun biscoito chino (...)

O publicista Javier San Román encara unha crítica social ao redor da inmigración desde a ironía e o bo humor nesta cortametraxe que foi nominada aos Goya no ano 2008 na categoría de Mellor Corto de Ficción.

 

VER CURTAMETRAXE

 


 

"LA EDUCACIÓN PROHIBIDA" (2012)

 3la educacion prohibida

La Educación Prohibida, dirixida por German Doin, é unha película documental independente estreada en agosto de 2012, onde se documentan experiencias educativas non convencionais en países de América Latina e España, onde están representadas institucións educativas con prácticas vencelladas ás ideas e pedagoxías como a Educación Popular, Waldorf, Montessori... e outras referencias enmarcadas na chamada Pedagoxía Progresista.

Divídese en 10 episodios temáticos que abordan diversos aspectos das prácticas educativas no contexto escolar e fora del. Ademais, o contido da obra complétase con animacións que ilustran cada episodio e por un relato que recorre toda a película.

 

VER PELÍCULA

 


 

 "EL TREN DE LA MEMORIA" (2005)4EL TREN DE LA MEMORIA

 

As directoras Marta Arribas e Ana Pérez retratan o éxodo de dous millóns de españois que buscaron a prosperidade en Europa nos anos sesenta. Marcharon para uns meses, e quedaron trinta anos. O documental pretende cubrir unha lagoa na recente historia de España e pagar unha débeda cos protagonistas duns tempos difíciles dos que case que non sabemos nada máis cunha breve historia oficial e uns cantos tópicos.

 

 

VER PELÍCULA

 


 

"14 KILÓMETROS" (2007)5 14 km

 

Políticos e sociólogos coinciden en que a inmigración é o maior problema ao que Occidente se deberá enfrentar no século XXI. En África hai millóns de persoas cuxo único obxectivo é entrar en Europa porque a fame non entende de fronteiras nin de barreiras. Da man de Violeta Sunny e Mukela Kanou, coñeceremos un pouco máis sobre a realidade de África e, xunto a eles, empréndese un perigoso e longo viaxe hacia Europa atravesando Mali, Níxer, Arxelia e Marrocos.

 

 

VER PELÍCULA

 


 

"LALIA" (1999)

 6Lalia silvia munt

Lalia é unha nena que nos conta como é o seu país, o Sáhara. A súa pequena redacción vainos introducindo no seu mundo, un mundo de sonos perdidos, de lembranzas non vividas para rematar despertando na súa realidade. Unha realidade terrible da que quere fuxir: o seu exilio nun campo de refuxiados en Arxelia.

 

VER PELÍCULA

 


 

"HIYAB" (2005)

 7hiyab

O realizador alicantino Xavi Sala leva adiante este proxecto audiovisual de oito minutos que fala de Fátima, unha nena española de relixión musulmana que se enfrenta á súa mestra porque non quere quitarse o veo islámico. Trátase dunha apoloxía da tolerancia, non da prenda en cuestión. Sen emitir xuizos de valor, pretende que a xente se cuestione este tema tan controvertido.

VER CURTAMETRAXE

 


 

"MUJERES PARA UN SIGLO: VICTORIA KENT"

8victoria kent

 

Victoria Kent foi a primeira muller avogado de España e ocupou cargos relevantes na politica nacional. Como Directora Xeral de Prisións realizou unha serie de reformas que melloraban as condicións de vida dos presos que foron revolucionarias para a súa época. Ao longo do documental se intercalan as intervencións de maxistradas, historiadoras e da propia protagonista.

Foi emitido por RTVE en marzo de 2004.

 

 

 

VER DOCUMENTAL

 

 

Home