Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

20170511 134635Dende o pasado martes e ata o 17 de maio, a Facultade de CC. da Educación, co GI DIOEP e a Rede RIES como anfitrións, recibe a visita da profesora Maria do Céu Taveira, pertencente á Escola de Psicoloxía da Universidade do Minho (Braga), e coordinadora do grupo de investigación Desenvolvimento da Carreira (http://www.eq4cci.com).

A profesora Taveira é unha recoñecida especialista a nivel internacional no ámbito da Orientación Profesional, con numerosísimas achegas de carácter científico, así como promotora de eventos científicos de carácter internacional como será o próximo Seminário Internacional: Desenvolvimento de Carreira e Aconselhamento num Mundo Plural e Desafiador, a celebrarse en Braga o 13 de xullo de 2017.

Home