Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

poder familia

Santos Rego, M. A. (Ed.)

Co discorrer do novo século, lonxe de racharse, o poder da familia foise afianzando na biografia individual e no imaxinario colectivo. Tal poder enténdese nas páxinas deste libro como influencia clave en perspectiva de educación, a modo de posibilidades sobrevidas nunha sociedade do coñecemento. Nela, as oportunidades non esgotan o seu percorrido, nin moito menos, nos procesos e produtos escolares.

Por iso, debe procurarse fortalecer a proxección vital de nenos e mocidade no marco dunha nova educación familiar, aínda necesitada de redefinición e desenvolvemento, considerando as dinámicas de cambio que dilataron a representación da familia e o seu recoñecemento cívico. A relevancia dos temas abordados (a familia ante un cambio de época, a familia como axente motivador da aprendizaxe, estilos educativos parentais, inmigración, familia e educación, os programas de educación familiar e a súa avaliación...) fan desta obra a ferramenta propicia para amo sar que a educación familiar é un eixo imprescindible na formación dos actuais e futuros mestres/as, educadores/as sociais e pedagogos/as. 

 

Ficha do libro