Libros

 

SOCIEDAD DEL CONOCIMIENTO. APRENDIZAJE E INNVACIÓN EN LA UNIVERSIDAD (2016)

SdCo

Santos Rego, M. A. (Ed.)

 

O libro consta de dúas partes unidas a través da necesidade dun novo proceso educativo na universidade, precedidas dun estudo introductorio sobre o alcance desa relación entre universidade e sociedade do coñecemento no século XXI. Unha pregunta cardinal sobre o futuro da aprendizaxe informa o seis capítulos primeiros sen esquecer os modelos virtuais, a educación a distancia ou a pertinencia doutros modos de xestión universitaria. É na segunda parte onde formación e innovación conéctanse confirmando a responsabilidade social da universidade. Esa é a dirección que seguirá marcando diferenzas no futuro.

 

Dispoñible en: Biblitoeca Nueva

  


 

A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA 2002-2014 (2016)

Santos Rego, M. A. (Ed.)

978849865697

 

Este libro é froito da vontade de colaboración entre investigadoras e investigadores da educación das tres universidades de Galicia. O seu propósito é sistematizar e divulgar as achegas do traballo desenvolvido contando tamén coa implicación de mestres e profesionais doutros niveis de ensino. O volume amosa a diversidade de eidos e núcleos de interese que alicerzan a curiosidade científica arredor dos procesos educativos, dentro e fóra da escola, e mesmo a pluralidade de enfoques e métodos de investigación desenvolvidos durante máis de dez anos. Trátase de poñer ao dispor da sociedade un conxunto de análises e datos para a prevención do fracaso escolar, a mellora da innovación educativa nas escolas, a formación dos profesores, a xestión da diversidade cultural e o aproveitamento dos coñecemento das familias nos procesos educativos. Concibido desde ámbitos coma a psicoloxía da educación, a tecnoloxía educativa ou a formación e a orientación, o libro ten o obxectivo de axeitar a educación ás necesidades da cidadanía no século XXI. 

 

Dispoñible en: Editorial Galaxia

  


  

APRENDER E ENSINAR NA NUBE. COMPUTACIÓN NA NUBE PARACOLABORAR E APRENDER NA ESCOLA RURAL (2015)

Rodríguez Malmierca, Mª J., Nieto Caride, D., Martínez Gracia, A., Fernández-Morante, C., Cebreiro López, B., - García Vázquez, S., Zachari, K., - Zacharis, K., Aabo Frydendahl, J., Brahe-Orlandi, R., Houldsworth, B. e Tew, G.

Aprender e ensinar na nube

 

Este manual é froito dun proxecto educativo innovador, denominado  Rural School Cloud, levado a cabo en 12 escolas rurais europeas de educación infantil ata educación secundaria superior. Nestas escolas, distintas estratexias de aprendizaxe servíronse do apoio de metodoloxía baseada na tecnoloxía para dar resposta ás necesidades das escolas rurais illadas de Europa.

Web do proxecto: http://rsc-project.eu/

Descarga do manual en diferentes idiomas: http://rsc-project.eu/index.php/products/

 

 

 


  

APRENDIZAJE-SERVICIO Y MISIÓN CÍVICA DE LA UNIVERSIDAD. UNA PROPUESTA DE DESARROLLO (2015)

Santos Rego, M. A., Lorenzo Moledo, Mª del M. e Sotelino Losada, A.

 

escaneo0028Os investigadores principais do proxecto APSUNI, Miguel Anxo Santos Rego, Mar Lorenzo Moledo, e Alexandre Sotelino Losada, membro do equipo de traballo, veñen de publicar o libro "Aprendizaje-Servicio y misión cívica de la universidad. Una propuesta de desarrollo". O libro, publicado na Editorial Octaedro, aborda a importancia da misión cívica que a universidade debe de cumprir, especialmente na sociedade do coñecemento, e presentará a aprendizaxe-servizo como un vector de innovación que, a través da conexión entre as dimensións académicas e comunitarias da aprendizaxe, permita abordar dita misión cívica.

 

Fontes:

Web ApSuni

Editorial Octaedro

 


 

EL PODER DE LA FAMILIA EN LA EDUCACIÓN (2015)

Santos Rego, M. A. (Ed.)

 

poder familia

Co discorrer do novo século, lonxe de racharse, o poder da familia foise afianzando na biografia individual e no imaxinario colectivo. Tal poder enténdese nas páxinas deste libro como influencia clave en perspectiva de educación, a modo de posibilidades sobrevidas nunha sociedade do coñecemento. Nela, as oportunidades non esgotan o seu percorrido, nin moito menos, nos procesos e produtos escolares. Por iso, debe procurarse fortalecer a proxección vital de nenos e mocidade no marco dunha nova educación familiar, aínda necesitada de redefinición e desenvolvemento, considerando as dinámicas de cambio que dilataron a representación da familia e o seu recoñecemento cívico. A relevancia dos temas abordados (a familia ante un cambio de época, a familia como axente motivador da aprendizaxe, estilos educativos parentais, inmigración, familia e educación, os programas de educación familiar e a súa avaliación...) fan desta obra a ferramenta propicia para amosar que a educación familiar é un eixo imprescindible na formación dos actuais e futuros mestres/as, educadores/as sociais e pedagogos/as.

 

 


 

MELLORA DA COMUNICACIÓN IGUALITARIA. ANÁLISE E ESTRATEXIAS SOCIOEDUCATIVAS (2015)

Mendez e Taboada

 

Méndez Lois, Mª. J. e Taboada Lorenzo, C. (Coords.)

A eclosión de ferrramentas tecnolóxicas nos nosos días está supoñendo constantes transformacións na sociedade, que inclúen, entre outras, unha fonda mudanza dos modos de comunicación. Porén, o cambio nos modelos comunicativos non inclué de seu o abandono de prácticas discriminatorias e excluíntes de determinados colectivos, nomeadamente nenas e mulleres. Mesmo, en ocasións, os novos modos e modelos comunicativos agochan prácticas semellantes baixo a premisa de que a tecnoloxía é igualitaria por si mesma, o que dificulta a detección e superación destes usos discriminatorios. As páxinas de mellora da comunicacion igualitaria. Análise e estratexias socioeducativas conságrase, precisamente, a explorar a pervivencia destas prácticas e determinar estratexias para superalas.

 

 


 

MOTIVACIÓN Y APRENDIZAJE ESCOLAR (2015)

 

Valle, A., Rodríguez, S. e Regueiro, B.motivacion aprendizaje escolar

 

Un dos obxectivos deste libro é presentar os principios básicos da motivación académica examinando as distintas variables explicativas da conduta motivada en contextos de aprendizaxe. O outro dos propósitos é analizar as implicacións educativas derivadas da investigación motivacional e os seus efectos sobre a aprendizaxe e o rendemento académico dos estudantes. O libro está dirixido a todos aqueles profesionais da educación e tamén aos estudantes de grao e máster das distintas titulacións da educación.

 

 

 

 


 

ENSEÑAR A APRENDER. ESTRATEGIAS, ACTIVIDADES Y RECURSOS INSTRUCCIONALES (2014)

 

Rodríguez Martínez, S., Valle Arias, A. e Nuñez Pérez, J. C.1portadaensenasraprender

 

Tratando de aclarar algunhas das controversias xurdidas en torno ao concepto -aprender a aprender-, este texto parte das concepcións que os profesores poden ter sobre a aprendizaxe e desenvolve unha proposta para poñer en práctica o "aprender a aprender" na aula. Estruturado atendendo aos principios da aprendizaxe autorregulada, proponse diferentes recursos e estratexias instrucionais que poden facilitar o procesamento de información na aula e promover a autorregulación da propia aprendizaxe por parte do alumnado.

 

 

 

 


 

IGUALDADE DE TRATO: RETOS E RESPOSTAS SOCIOEDUCATIVAS (2012)

 

Méndez Lois, M.J. e Taboada Lorenzo, C. (Coords.)2PORTADA IGUALD TRATO MJMENDEZ


O espazo escolar é fundamental nun proceso de cambio cara a actitudes máis igualitarias. Un modelo de profesorado igualitario, principalmente reflectido nos mestres varóns, representa unha magnífica oportunidade para que os nenos e as nenas se socialicen con novos referentes, sobre todo cun aínda escaso na nosa contorna como é o da masculinidade coidadora e comprometida

As persoas que forman a comunidade educativa e as escolas, polo seu valor socializador, teñen que ser o xermolo para iniciar a mudanza, deben asumir o compromiso de participar na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria na que as necesidades e as achegas, dunhas e doutros, sexan valorados por igual. 

.

 


 

ESTUDIOS DE PEDAGOGÍA INTERCULTURAL (2012)

 3PORTADA ESTUD PEDAG INTERC MARMIGUEL

Santos Rego, M.A. e Lorenzo Moledo, M.M. (Eds.)

 

Nesta obra reúnense seis estudos cuxa confluencia non é outra que a posibilidade dunha pedagoxía intercultural capaz de dar respostas ás preguntas e inquedanzas dos educadores nun tempo de crecente vulnerabilidade e de risco global.

O lector atopará no libro cuestións temáticas clave para engadir un sentido práctico á articulación de novos proxectos socioeducativos desde os centros escolares ou desde a mesma sociedade civil no seu conxunto.

 

 

 


 4PORTADA INM ADM LOC MIGUEL

INMIGRACIÓN Y ADMINISTRACIÓN LOCAL (2012)

 

Santos Rego, M.A. (Dir.)


Co seu epicentro situado en Galicia, inmigración e administración local supón un revulsivo para a análise e avaliación dos plans, programas e actividades nunha coxuntura difícil, ao tempo que decisiva, para calibrar o alcance dos compromisos cívicos e constitucionais.

 

 


 

ORIENTACIÓN EDUCATIVA: NUEVAS PERSPECTIVAS (2012)5PORTADA SOBRADO ELENA

 
Sobrado Fernández, L.M., Fernández Rey, E. e Rodicio García, M.L. (Coords.)

 

A formación e orientación ao longo da vida é unha aspiración pedagóxica fundamental na sociedade actual. Neste sentido, a aprendizaxe continua e a orientación permanente prentenden axudar á cidadanía a explorar a súa toma de decisións académicas, formativas, sociais e profesionais en calquera momento e circunstancia da súa vida persoal, educativa e laboral. Desde este horizonte, esta obra vai destinada a todos os cidadáns, pero especialmente aos que se atopen en período de formación en escearios próximos á orientación educativa.

 

 


 

DISEÑO Y DESARROLLO DEL CURRÍCULUM (2011)pino

 
Cantón Mayo, I. e Pino Juste, M. (Coords.)

 

Este libro permite aos futuros docentes de calquera nivel educativo dispoñer dun manual básico  para planificar as súas programacións didácticas, xa que ofrece unha base teórica de fundamentación e xustificación das accións docentes, pero tamén práctica e técnica, sobre o deseño curricular e sobre cada un dos compoñentes  e elementos do currículum.

 

 

 


 

TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN Y COMUNICACIÓN. USO EN ORIENTACIÓN PROFESIONAL Y EN LA FORMACIÓN (2011)

 7PORTADA TECNOL INF COM CEINOS SOBRADO
Ceínos Sanz, M.C. e Sobrado Fernández, L.M.

 

A obra contempla unha serie de temáticas de interese relevante na sociedade e educación actuais, como son as funcións das TIC: os grandes retos da sociedade de hoxe, a formación e a orientación permanentes: o rol destas como axente de cambio estratéxico; a súa repercusión e aplicacións no esceario formativo e orientador; a influencia das competencias tecnolóxicas na función educativa e asesora; o mapa das competencias nas TIC e as habilidades dos profesionais de formación e orientación neste ámbito.

 

 

 


 

 ACTAS DO II CONGRESO GALEGO DE INVESTIGACIÓN EN CIENCIAS DA EDUCACIÓN: ETAPA DE POSGRAO (2011)

8portada II CONGR GAL GEFIL
Álvarez Seoane, C. D. et al. (Coords.)

 

Este libro recolle as actas do II Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación, celebrado os días 14, 15 e 16 de abril de 2010 na Facultade de CC. da Educación.  

Un congreso promovido conxuntamente polo equipo decanal e por un grupo de estudantes de posgrao do G.I. GEFIL coa intención de favorecer espazos para a promoción, intercambio e discusión de experiencias e investigacións desenvolvidas nas diversas áreas de coñecemento do ámbito educativo, e dirixido fundamentalmente a investigadores en formación inicial.

 

 


 

RESPOSTAS SOCIOEDUCATIVAS PARA A IGUALDADE NA ESCOLA (2011)

 

Méndez Lois, M.J. e Payo Negro, M.J.
9portada RESPOSTAS SOCIO MENDEZ

O espazo escolar é fundamental nun proceso de cambio cara a actitudes máis igualitarias. Un modelo de profesorado igualitario, principalmente reflectido nos mestres varóns, representa unha magnífica oportunidade para que os nenos e as nenas se socialicen con novos referentes, sobre todo cun aínda escaso na nosa contorna como é o da masculinidade coidadora e comprometida.

A responsabilidade é de toda a sociedade. A comunicación e o compromiso son as pezas chave da implicación e as promotoras do cambio, procurando o interese e a aceptación da sociedade en xeral.

As persoas que forman a comunidade educativa e as escolas, polo seu valor socializador, teñen que ser o xermolo para iniciar a mudanza, co desexo de superar os obstáculos que o sexismo ocasiona. Deben asumir o compromiso, a nivel persoal e colectivo, de participar na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, na que mulleres e homes, gocen dos mesmos dereitos e oportunidades e na que as necesidades e as achegas, dunhas e doutros, sexan valoradas por igual.

 


 

ACTAS XI CONGRESO INTERNACIONAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO (2011)

 
Rial Sánchez, A. et al. (coords.)

 10portada actas XI CONG GEFIL

O G.I. GEFIL da Rede RIES e o Instituto de Emprego de Portugal (IEFP) levan organizando, en colaboración con outras institucións galegas e portuguesas, o Congreso Internacional de Formación para o Traballo dende o ano 1999. As actas que este volume recolle correspóndense coa décima primeira edición deste evento.

A temática arredor da cal xirou o congreso, nesta ocasión, foi o mundo emprendedor e a súa vinculación coa formación profesional, así como as posibilidades de aprender a emprender nos contextos profesionais. Este libro, que inclúe as conferencias, comunicacións e pósters presentados no citado evento, proporciona pistas acerca de cara a onde se dirixen as accións estratéxicas propostas a nivel nacional, autonómico e local, deixando constancia da importancia da investigación no ámbito do emprendemento.

 

 

Home