Outras publicacións

 


MONOGRÁFICOS


 

RPEValle, A.; Nuñez, J.C. & Rosário, P. (eds.) (2014). Las “tareas para casa” a debate [monográfico]. Revista de Psicología y Educación, 9,2. Dispoñible en http://revistadepsicologiayeducacion.es/index.php/descargasj/view.download/31/211.html

Resumo:
Nos últimos anos, desde distintas frontes e na maior parte dos países da nosa contorna -incluída o noso- reavivouse o debate histórico sobre a relevancia social e educativa dos deberes escolares e a conveniencia, ou non, de prescribilos nas diferentes etapas educativas. Preocupado por este asunto, o Director da Revista de Psicoloxía e Educación / Journal of Psychology and Education considerou oportuno elaborar un número monográfico sobre este tema co fin de xerar debate psicoeducativo e novas liñas de investigación. O tema monográfico que agora ve a luz é un conxunto de seis traballos orixinais de investigadores especialistas no tema de diferentes universidades de España e Portugal. Desde distintas perspectivas metodolóxicas (estudos multinivel, análises fenomenográfico, revisión conceptual) e tendo como obxectivo tres dimensións dos deberes escolares (individual, familiar, instrucional), os seis artigos achegan datos relevantes para o desenvolvemento do coñecemento científico e para a práctica educativa.

 

 


 

 


PROGRAMAS


 

ECOFASE

Santos Rego, M. A. (Dir). (2014). Programa ECO-FA-SE. Universidade de Santiago de Compostela.

O progreso dunha sociedade depende, en gran medida dos coñecmentos e capacidades que logren os seus membros a través do sistema educativo. Pero moitos estudantes non conseguen avanzar de acordo ás previsións curriculares, razón dabondo para apurar a busca de ferramentas que poidan beneficiar a todo o alumnado.

ECO-FA-SE é un programa socioeducativo deseñado para mellorar o rendemento do alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO, tomando como base unha dinámica de traballo de colaboración entre familias e centros de ensino. Conta con tres actuacións relacionadas: un Programa de Aprendizaxe Cooperativa (AC), un Programa de Educación Familiar (EF) e un Programa de Aprendizaxe-Servizo (ApS). Ten sido implementado e avaliado no marco de sólidas actuacións investigadoras, por membros do Grupo Esculca da USC e en sete centros educativos de Galicia. Os resultados acadados amosan o seu potencial sistémico, nomeadamente cando se trata de artellar canles efectivas polas que poida discorrer o éxito educativo da nosa mocidade.

 

 


 

 

Home