Novas

Convocatoria aos Premios RAGALO 2017 ApS da Universidade de Valencia

RAGALOIniciouse o prazo para recibir candidaturas para a segunda convocatoria dos Premios RAGALO 2017 (Rafaela García López) da Universidade de Valencia ao impulso da Aprendizaxe Servizo-ApS universitario, convocado este ano a nivel nacional.

O prazo de recepción das candidaturas, de conformidade coas condicións de participación que se anexan, será ata o próximo 31 de xaneiro de 2018.

 

Bases, a continuación.

Ler máis...

A Rede RIES logra dous novos proxectos de investigación do Plan Nacional de I+D+i

minecoCo comezo do ano 2018 tense recibido comunicación oficial desde o Ministerio de Economía, Industria y Competitividad sobre a concesión dos seguintes Proxectos de Investigación:

 

  • “Calidad y Equidad en la prescripción de Deberes Escolares: Diseño e Implementación de Propuestas basadas en Evidencias Empíricas” concedido na convocatoria de Excelencia (acceso á publicación). Son Investigadores Principais do mesmo os Profesores Antonio Valle Arias e Susana Rodríguez Martínez da Universidade da Coruña que lideran un equipo con participación, ademáis de investigadores da mesma institución, das Universidades de Santiago de Compostela, Oviedo e León.
  • “Aprendizaje-Servicio (ApS) y Empleabilidad de los Estudiantes Universitarios en España. Competencias para la Inserción Laboral”, solicitado ao abeiro da Convocatoria de Retos (acceso á publicación) do que son Investigadores Principais os Profesores Miguel A. Santos Rego e Mar Lorenzo Moledo, e no que tamén se conta coa colaboración de investigadores da Rede, de varias universidades españolas e tres estranxeiras.

Asemade, ambos proxectos levan aparelladas bolsas de FPI.

"Pedagogía del ser y el convivir", conferencia de Jorge Soto (GIES 10 Uvigo) na Afundación Abanca (Santiago)

DRCA1YMXcAEcCGV.jpg largeO pasado 14 de decembro, o profesor Jorge Soto, do GIES 10 da RIES (UVigo), impartía unha conferencia na sede de AFundación Abanca en Santiago de Compostela, titulada "Pedagogía del ser y el convivir"

Durante a conferencia, o profesor achegaría as súas reflexións e inquedanzas sobre o presente e futuro da educación en España, e na sociedade en xeral, incidindo en aspectos tales como, o camiño da educación cara un sistema de rankings que deixa fóra a xestión emocional, a importancia da escola na socialización das crianzas, a importancia de todas as áreas do coñecemento na educación das persoas, ou a necesidade de que os centros educativos teñen que ensinar a coñecer, facer, ser e convivir.

 

Fonte: Afundación Abanca

Ler máis...

Felices festas e próspero 2018

LOGO RIES COLOR2018

Conferencia de Jorge Soto (GIES 10, UVigo) no ciclo de conferencias Educación e Docencia no século XXI

afundaO profesor Jorge Soto do GIES 10 (UVigo) da RIES,  desenvolverá unha conferencia o xoves 14 de decembro ás 19:30 h. (Afundación, Rúa do Vilar, Santiago de Compostela) sobre o novo paradigma que se presenta ante a educación, a necesidade de incorporar o valor do ser e do convivir para educar de forma integral. Sen emoción non hai aprendizaxe. Esta conferencia enmárcase dentro do ciclo «Educación e docencia no s. XXI».

Fonte: Afundación, Obra Social Abanca

+Info na web:

Ler máis...

 

Home