Aprender e Ensinar na Nube

Aprender e ensinar na nubeDispoñible para descarga libre o manual Aprender e Ensinar na Nube. Computación na nube paracolaborar e aprender na escola rural.

Este manual é froito dun proxecto educativo innovador, denominado  Rural School Cloud, no que participou activamente o G.I. de Tecnoloxía Educativa (TecnoEduc) da USC, e levado a cabo en 12 escolas rurais europeas de educación infantil ata educación secundaria superior. Nestas escolas, distintas estratexias de aprendizaxe servíronse do apoio de metodoloxía baseada na tecnoloxía para dar resposta ás necesidades das escolas rurais illadas de Europa.

 Web do proxecto: http://rsc-project.eu/

Descarga do manual en diferentes idiomas: http://rsc-project.eu/index.php/products/

 

Home