Participación do GI DIOEP no Seminário Internacional: Desenvolvimento de Carreira e Aconselhamento num Mundo Plural e Desafiador (Braga-Portugal)

20170713_125341.jpg

O xoves 13 de xullo Elena Fernández, Cristina Ceinos e Miguel Anxo Nogueira, do grupo DIOEP, participaron no Seminário Internacional: Desenvolvimento de Carreira e Aconselhamento num Mundo Plural e Desafiador, celebrado na Escola de Psicología da Universidade do Minho (Braga-Portugal).

A profesora Elena Fernández actuaría como conferenciante principal coa ponencia titulada “A inclusión dixital para o desenvolvemento da carreira”.

A profesora Cristina Ceinos e Miguel A. Nogueira formaron parte do comité científico do Seminario. No caso da profesora Ceinos, tamén exercería de xurado para a determinación dos premios aos mellores pósteres presentados. Fóra deste concurso, os tres profesores tamén realizarían achegas de póster en relación á Rede NICE de Orientación, e sobre o Servizo de Recursos Psicopedagóxicos da Facultade de CC. da Educación da USC.

Site do evento

+Fotos

 

Home