Así foi o Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía 2017 con nutrida presenza de membros da RIES

20170907 204851O venres clausurábase una nova e exitosa edición do Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía, celebrado na Universidade do Minho de Braga os días 6, 7 e 8 de setembro, no que participaron membros de diferentes grupos da rede RIES, presentando comunicacións nas mesas multitemáticas organizadas ao longo de varias sesións.

As TIC na educación, familia, escola e sociedade, desenvolvemento vocacional, conflitos e mediación escolar, formación para o traballo, necesidades educativas especiais, etc., foron algúns dos temas nos que os membros da rede fixeron a súas achegas.

Poden consultarse os resumos no seguinte enlace: http://net.ie.uminho.pt/xivgp/vol2.pdf

A finais do 2017 as actas do congreso serán publicadas na Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación: http://revistas.udc.es/index.php/reipe/index

Salientar tamén do congreso a posta en escena da Asociación Científica Internacional de Psicopedagoxía: http://www.asocip.com

+Info na Web do Congreso: http://net.ie.uminho.pt/xivgp

Algunhas imaxes do Congreso

 

 

Home