Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

20180427_120038.jpg

O pasado venres 27 de abril celebrábase, na Facultade de CC. da Educación do Campus Vida da USC un Seminario de Doutoramento en Educación organizado pola RIES sobre "O cerne da traxectoria investigadora", no que terían presenza tanto investigadores principais como en formación de todos os grupos da Rede, presentando as súas liñas de investigación, así como o avance dos seus respectivos proxectos e traballos de tese.

De forma complementaria, desenvolveríanse dúas conferencias. Na primeira delas, o profesor José Muñiz, da Universidade de Oviedo, incidiría na importancia do rigor metodolóxico na investigación educativa e as claves da súa proxección para a publicación en revistas de impacto. Na segunda, o profesor Julio Vera, da Universidade de Málaga, trazaría as perspectivas e eixos de acción de futuro no campo da investigación educativa.

+Fotografías do Seminario a continuación

 

 

bwd  Situar 1/3  fwd
20180427_105144.jpg
20180427_105152.jpg
20180427_124819.jpg
20180427_130100.jpg

Home