Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

978849865697Santos Rego, M. A. (Ed.)

Este libro é froito da vontade de colaboración entre investigadoras e investigadores da educación das tres universidades de Galicia. O seu propósito é sistematizar e divulgar as achegas do traballo desenvolvido contando tamén coa implicación de mestres e profesionais doutros niveis de ensino.

O volume amosa a diversidade de eidos e núcleos de interese que alicerzan a curiosidade científica arredor dos procesos educativos, dentro e fóra da escola, e mesmo a pluralidade de enfoques e métodos de investigación desenvolvidos durante máis de dez anos. Trátase de poñer ao dispor da sociedade un conxunto de análises e datos para a prevención do fracaso escolar, a mellora da innovación educativa nas escolas, a formación dos profesores, a xestión da diversidade cultural e o aproveitamento dos coñecemento das familias nos procesos educativos. Concibido desde ámbitos coma a psicoloxía da educación, a tecnoloxía educativa ou a formación e a orientación, o libro ten o obxectivo de axeitar a educación ás necesidades da cidadanía no século XXI.

 

Dispoñible en: Editorial Galaxia

Home