Novas

Participación das profesoras Beatriz Cebreiro e Carmen Fdez Morante (TECNOEDUC) no XIV Congreso Nacional de Investigación Educativa (México)

comie.jpg

As profesoras Beatriz Cebreiro e Carmen Fernández Morante,do grupo TECNOEDUC (USC) da RIES, participaron recentemente, no XIV Congreso Nacional de Investigación Educativa organizado polo Consello Mexicano de Investigación Educativa, evento de referencia en México e América Latina.

Fonte: TECNOEDUC

+Info na web do congreso:

Ler máis...

Publicadas as actas do V Seminario RIPO organizado polo grupo DIOEP (USC)

13483197 290102918004636 4516876818941422799 oVeñen de ser publicadas as actas do V Seminario da Rede Interuniversitaria de Profesorado de Orientación (RIPO), celebrado en Santiago de Compostela no ano 2014 baixo a coordinación do grupo DIOEP (USC) da RIES.

A RIPO pretende xerar un espazo de debate e intercambio de experiencias e coñecementos científicos de profesorado e investigadores/as universitarios/as en materia de orientación educativa e profesional, apoiándose na celebración de eventos específicos como resulta este Seminario anual de carácter nacional.

 

Acceso á publicación a continuación:

Ler máis...

Participación do GEFIL no próximo I Congreso Nacional de Formadores (Santiago de Compostela)

congresoformacionAchégase información do I Congreso Nacional de Formadores (Santiago de Compostela), no que participa o grupo GEFIL, que se celebrará en Santiago de Compostela (Centro Nacional de Formación en Rehabilitación) os días 24 e 25 de novembro de 2017.

Co congreso trátase de establecer un punto de encontro para formadores, no que se poderán coñecer as novidades do sector da formación, crear novas relacións con outros formadores e entidades de formación, e a través do cal poder augurar o futuro no sector.

+Información

Ler máis...

Participación de ESCULCA na organización do Seminario ApS como ferramenta para a inserción laboral (USC)

Responsabilidade socialO pasado xoves 23 de novembro celebrouse na Facultade de Matemáticas da USC o Seminario Responsabilidade Social e Innovación Educativa: a Aprendizaxe-Servizo como ferramenta para a inserción laboral, organizado coa colaboración do grupo ESCULCA da RIES.

Nel desenvolveuse una análise de accións que se están levando a cabo na USC, como son a proposta de institucionalización das ApS ou os recursos para a inserción e participación, etc., así como un obradoiro práctico e unha presentación dos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

 

Fonte: Xornal da USC

Actas do Congreso Internacional de Galicia-Norte de Portugal de Formación para o Traballo (GEFIL)

xvii

 

Achegamos a publicación das actas do Congreso Internacional de Galicia-Norte de Portugal de Formación para o Traballo, organizado polo grupo GEFIL da RIES. Concretamente ás actas da XVII edición (novembro do 2015) e da XVIII edición (outubro de 2016).

 

 

 

xviii.jpg

Nelas inclúenese os textos íntegros de conferencias, comunicacións e pósteres, moitos deles eleborados por membros dos diferentes grupos da Rede RIES.

 

Enlaces de descarga a continuación:

Ler máis...

 

Home