Novas

Novidades sobre o XIX Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo (USC, Lugo)

1 Cartel congresoCabe lembrar que do 19 ao 21 de outubro de 2017, na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, coa coordinación do GI GEFIL, desenvolverase unha nova edición do Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, baixo o tema “A Formación Profesional Dual: Duos ou Duetos?

- Tense solicitado recoñecemento como actividade de formación (20 horas) do profesorado á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e tamén recoñecmento de 1 Crédito ECTS.

- Poderán achegarse propostas (resumo) de traballos ata o 15 de setembro ampliado ata o 30 de setembro.

- Inscricións ata o 16 de outubro.

Incorporada nova liña temática: "As relacións entre a formación profesional e o sistema produtivo".

Ler máis...

Xornadas de Investigación da Rede RIES (Uvigo, Pontevedra)

xornadasries

 

A Rede RIES organiza as súas Xornadas de Investigación, que se celebrarán o 19 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra (Universidade de Vigo). Coordinadas polo GI GIES-10, as xornadas incidirán na necesidade de que os investigadores/as dominen as ferramentas que permitan a transmisión de coñecemento científico para axudar a desenvolver unha cidadanía responsable.

 

Inscricións do 15 ao 25 de setembro.

Ler máis...

Así foi o Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía 2017 con nutrida presenza de membros da RIES

20170907 204851O venres clausurábase una nova e exitosa edición do Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía, celebrado na Universidade do Minho de Braga os días 6, 7 e 8 de setembro, no que participaron membros de diferentes grupos da rede RIES, presentando comunicacións nas mesas multitemáticas organizadas ao longo de varias sesións.

As TIC na educación, familia, escola e sociedade, desenvolvemento vocacional, conflitos e mediación escolar, formación para o traballo, necesidades educativas especiais, etc., foron algúns dos temas nos que os membros da rede fixeron a súas achegas.

Poden consultarse os resumos no seguinte enlace: http://net.ie.uminho.pt/xivgp/vol2.pdf

A finais do 2017 as actas do congreso serán publicadas na Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación: http://revistas.udc.es/index.php/reipe/index

Salientar tamén do congreso a posta en escena da Asociación Científica Internacional de Psicopedagoxía: http://www.asocip.com

+Info na Web do Congreso: http://net.ie.uminho.pt/xivgp

Algunhas imaxes do Congreso

Ler máis...

Curso de Especialización en dislexia e outras dificultades específicas da aprendizaxe (USC, Santiago)

Cartel dislexia

 

Dende o luns 11 de setembro poderá realizarse a matrícula no Curso de Especialización en dislexia e outras dificultades específicas da aprendizaxe, dirixido polas profesoras Paula Outón e Julia Crespo (GI ESCULCA), e que se desenvolverá de xaneiro a xuño de 2018 na Facultade de CC. da Educación da USC.

 

Ler máis...

Participación de membros da RIES no Congreso galego-portugués de Psicopedagoxía (Braga-Portugal)

galportuDo 6 ao 8 de setembro numerosos membros dos GI da RIES participarán activamente no XIV Congreso Internacional Galego-Portugues de Psicopedagoxía a celebrar na Universidade do Minho de Braga.

A presencia dos investigadores da RIES farase notar especialmente nas mesas de comunicacións multitema, cuxo programa xeral pode consultarse neste enlace

+Información do congreso: http://net.ie.uminho.pt/xivgp

 

Home