Novas

O grupo GEFIL (USC) traballa nunha nova edición do Congreso Internacional de Formación para o Traballo (O Porto)

gef.jpg

Achegamos o avance do que será o XX Congreso Internacional de norte de Portugal-Galicia de formación para o traballo, co-organizado polo grupo GEFIL (USC) da Rede RIES, a celebrar en O Porto os días 28 e 29 de xuño de 2018.

“Traballo digno, emprego sustentable e desenvolvemento humano: desafíos da/para a formación” é o tema do XX CONGRESO INTERNACIONAL DE NORTE DE PORTUGAL-GALICIA que terá lugar os días (28 e 29 de xuño) no Auditorio do Conservatorio de Música do Oporto (Portugal). Organizado polo Instituto de Emprego e Formación Profesional da Rexión Norte de Portugal e o Grupo galego de estudos para a formación e inserción laboral (GEFIL) da Universidade de Santiago de Compostela.

O traballo como motor de desenvolvemento humano (tomado do Informe de Desenvolvemento Humano de 2015) será o desafío para comezar o debate sobre o sentido, significado e obxectivos da formación para o traballo nun escenario no cal se considera que nos atopamos no peor momento para ser un traballador/a só con cualificacións e aptitudes comúns.

  • Que tipo(s) de traballo e emprego marcarán os territorios profesionais do futuro das nosas sociedades?
  • Que emerxerá da confrontación do traballo e o emprego co inevitable cambio climático?
  • Que formación para que traballo(s)? con modelos de formación 4.0 (fantaseando entre a incorporación da intelixencia artificial e/ou robotización de procesos)?
  • Que lugar para a mediación humana nos procesos de aprendizaxe, na (re)conciliación con investimentos educativos e o apoio, aconsellamento e orientación?

Ler máis...

Publicado artigo dos profesores Miguel Santos, Diana Priegue e Julia Crespo (ESCULCA-USC) na Revista Lúsófona de Educação

lusofon.jpg

O volumen 37 da Revista Revista Lúsófona de Educação recolle tamén a publicación dun artigo dos profesores Miguel Santos, Diana Priegue e Julia Crespo, do grupo ESCULCA da USC, titulado "Aprendizaje escolar y percepción de competencia lingüística en alumnos de origen inmigrante", dispoñible en texto completo para a súa lectura.

 

+Info na web da revista

Novas publicacións dos grupos de investigación da RIES dispoñibles na web

Trátanse de aportacións froito de proxectos de investigación do GIPED da UdC, coordinado por Antonio Valle. Tres programas completos dispoñibles na sección de “outras publicacións” dos grupos de investigación. Son os seguintes:

LIBRO ESTUDIO

LIBRO METAS

LIBRO EMOCIONES

LIBRO CREENCIAS

+Info e PDFs na sección correspondente

Publicado artigo de Cristina Ceinos e Miguel Nogueira (DIOEP-USC) sobre orientación e refuxiados na Revista Lusófona de Educação

cover_issue_713.jpg

Vén de ser publicado un artigo da profesora Cristina Ceinos e o profesor Miguel Nogueira (DIOEP-USC), na Revista Lusófona de Educação, elaborado en colaboración co equipo sobre desenvolvemento vocacional da Universidade do Minho coordinado pola profesora Taveira.

O texto versa sobre a os servicios de orientación e asesoramento a refuxiados en Portugal e España.

 

+Info e texto completo na citada revista

Xuntanza dos representantes dos Grupos de Investigación da Rede RIES para planificar a actividade do 2018

DSC02707O pasado 2 de febrero tería lugar unha xuntanza dos representantes dos Grupos de Investigación da Rede RIES para planificar a actividade deste ano.

Asistirían Miguel A. Santos Rego (Coordinador da Rede), Lorena Casal Otero, Mª Teresa Díaz García, Elena Fernández Rey, Mar Lorenzo Moledo, Mª José Méndez Lois e Antonio Valle Arias.

A reunión centrouse na planificación das actividades da Rede para o ano 2018. Debatéronse e acordáronse propostas englobadas nos seguintes apartados:

Ler máis...

 

Home