Novas

Celebrado Workshop sobre ApS na USC

20170707 161336O pasado venres 7 de xullo celebrouse un Workshop no que se presentaron proxectos de Aprendizaxe-Servizo aplicados na Universidade de Santiago de Compostela durante o presente curso 2016-2017.

O evento, desenvolto na Facultade de Filosofía da USC, foi organizado polo Vicerreitorado de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social; o Vicerreitorado de Oferta Docente e Innovación Educativa; e o Grupo de Investigación ESCULCA, contando, ademais, coa participación de profesorado do resto dos grupos de investigación da Rede RIES.

Participación do profesor Alexandre Sotelino (ESCULCA) no Curso de Verán "Docentes Conectad@s: El Reto de educar en la era digital" (UdC)

conectados.jpgO profesor Alexandre Sotelino Losada, membro do GI-Esculca e a Rede Ries, participará o vindeiro 10 de Xullo de 2017 no Curso de Verán "Docentes Conectad@s: El Reto de educar en la era digital", que organiza o CUFIE da Universidade da Coruña. O título da ponencia que impartirá será "aprendizaxe-servizo: aprender con compromiso cívico-social".

Máis información sobre o curso en: 

https://www.udc.es/cufie/INNOVACION/Cursoveran2017

Primeira xornada do III Seminario Aprendizaxe-Servizo no ensino non universitario (USC)

20170703 111422Primeira xornada do III Seminario Aprendizaxe-Servizo no ensino non universitario. O valor da experiencia, organizado polo GI ESCULCA, que se está a celebrar na Facultade de CC. da Educación do Campus Vida.

Sesión de mañá coa ponencia-taller de introdución ao marco teórico da ApS a cargo dos profesores especialistas Miguel Santos e Mar Lorenzo, e sesión de tarde cun panel e mesa de experiencias co obxecto de realizar unha aproximación practica á ApS no contexto galego.

O Seminario continuará mañá martes día 4 a partir das 10:30 h.

Díptico do programa

+Fotos

Ler máis...

Xornada final do III Seminario ApS no ensino non universitario (USC)

20170704 124552O martes pechábase o III Seminario ApS no ensino Universitario, cun obradoiro de carácter práctico, onde o protagonismo sería para o alumnado participante, achegando as súas propias propostas de ApS, coa orientación de consumados especialistas como son Alexandre Sotelino e Javier Agrafojo.

+Fotos

Ler máis...

Publicado un artigo de Miguel Santos e Jesús García (Esculca) na revista "Educar em Revista"

19248063 1930524797226750 8503883425227289297 n

Ven de publicarse un artigo de Miguel Santos e Jesús García (GI Esculca) no último número da revista Educar em Revista.

O artigo titulado “La Inserción Laboral de los Pedagogos en el marco de las Políticas Activas de Empleo”, achega os resultados dun estudo realizado no alumnado próximo a graduarse na titulación de Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela, e no que se conclúe sobre a necesidade de impulsar políticas de inserción laboral neste colectivo.

Texto do artigo dispoñible no seguinte enlace:  http://revistas.ufpr.br/educar/article/view/49146

 

Home