Novas

Xornadas de Grupos de Investigación da Rede RIES, Investigación e Divulgación Científica (UVigo, Campus de Pontevedra)

xornadasries.jpg

A Universidade de Vigo salienta na súa web a celebración das Xornadas de Grupos de Investigación da Rede RIES, Investigación e Divulgación Científica, coordinadas polo GIES-10 da Rede RIES, dirixido pola profesora Margarita Pino. Entre as principais motivacións do evento destaca o feito de afondar na importancia de achegar a investigación, a divulgación do coñecmento científico, á sociedade.

Estas xornadas terán lugar o próximo xoves 19 de outubro na Facultade de CC. da Educación e do Deporte (Pontevedra).

A inscrición é gratuita e pode realizarse dende o seguinte enlace: https://es.surveymonkey.com/r/Xornada_Invest_RIES

+Información

Ler máis...

Aberto o período de inscrición para o XI Seminario Nacional "Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante. Experiencia e Innovación. A Educación Física e o Deporte como Eixo de Convivencia Intercultural" (USC, Santiago)

cartel xi seminario aeai

 

Aberto o período de inscrición para o XI Seminario Nacional Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante. Experiencia e Innovación,  A Educación Física e o Deporte como Eixo de Convivencia Intercultural.

Organizado polo GI ESCULCA da Rede RIES, o Seminario celebrarase os días 3 e 4 de novembro de 2017 na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Inscricións na web de ESCULCA

Ler máis...

Curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de FP (USC, Santiago)

unnamed

 

En breves datas (30 de setembro) e ata finais de marzo de 2018, o GI GEFIL desenvolverá o Curso de Especialización en Formación Pedagóxica e Didáctica do Profesorado Técnico de Formación Profesional na Faculatde de CC. da Educación da USC.

Con carácter semipresencial e acreditado pola Administracion Educativa, o curso, destiando preferentemente a docentes en activo, pretende facilitar ás persoas que non poden cursar o Master de Profesorado de Secundaria, o acceso a unha formación pedagóxica e didáctica que lle sexa recoñecida e acreditada oficialmente.

Ler máis...

Novas adquisicións históricas no SRP da USC

B9F29413 97A7 43E7 B988 003D4E15075DO Servizo de Recursos Psicopedagoxicos da USC, xestionado polo GI DIOEP, vén de realizar novas incorporacións non seu fondo de recursos. Nesta ocasión no apartado de “recursos históricos” (aínda por catalogar).

Cursos atrás fora o profesor Agustín Godás (GI ESCULCA) quen realizara numerosas achegas, propiciando a creación desta sección de históricos. Nesta ocasión son de agradecer as achegas realizadas pola la psicóloga Mercedes Aguilera Serrano.

Ler máis...

Novidades sobre o XIX Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo (USC, Lugo)

1 Cartel congresoCabe lembrar que do 19 ao 21 de outubro de 2017, na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, coa coordinación do GI GEFIL, desenvolverase unha nova edición do Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, baixo o tema “A Formación Profesional Dual: Duos ou Duetos?

- Tense solicitado recoñecemento como actividade de formación (20 horas) do profesorado á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e tamén recoñecmento de 1 Crédito ECTS.

- Poderán achegarse propostas (resumo) de traballos ata o 15 de setembro ampliado ata o 30 de setembro.

- Inscricións ata o 16 de outubro.

Incorporada nova liña temática: "As relacións entre a formación profesional e o sistema produtivo".

Ler máis...

 

Home