Novas

Fondo pesar polo facelecemento do Profesor Antonio Vara

varared

 

A Rede RIES lamenta o pasamento do profesor Antonio Vara Coomonte e transmite á súa familia e amigos unha testemuña de pésame.

D.E.P.

Curso de verán “O dereito á participación dos nenos e nenas: construíndo a cidadanía” (Xullo, USC)

Cartel veran

 

O 20 e 21 de xullo de 2017 terá lugar, na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) o curso de verán da USC “O dereito á participación dos nenos e nenas: construíndo a cidadanía” desenvolto polo GI ESCULCA no seo da Rede RIES.

 

Díptico

+Información: http://www.usc.es/esculca

Bases para a concesion de axudas para estadías de persoal en formación (Grupos Rede RIES)

LOGO RIES COLORsPublicadas as bases para a concesion de axudas para estadías de persoal en formación da Rede RIES. As axudas teñen por obxecto reforzar o programa formativo e acelerar a realización da tese de doutoramento do persoal en formación dos grupos de investigación que integran a rede RIES.

Prazo de presentación: do 15 ao 30 de maio de 2017

Ver bases

Novidades sobre bolsas e convocatorias no BOE e DOG da primeira quincena do mes de maio

graduate 150374 640 90x94

Actualizada a sección de bolsas e convocatorias da web RIES coas novidades no BOE e DOG da primeira quincena do mes de maio de 2017:

BOE

DOG

Estadía da profesora Maria do Céu Taveira (Universidade do Minho, Braga), na Facultade de CC. da Educación da USC

20170511 134635Dende o pasado martes e ata o 17 de maio, a Facultade de CC. da Educación, co GI DIOEP e a Rede RIES como anfitrións, recibe a visita da profesora Maria do Céu Taveira, pertencente á Escola de Psicoloxía da Universidade do Minho (Braga), e coordinadora do grupo de investigación Desenvolvimento da Carreira (http://www.eq4cci.com).

A profesora Taveira é unha recoñecida especialista a nivel internacional no ámbito da Orientación Profesional, con numerosísimas achegas de carácter científico, así como promotora de eventos científicos de carácter internacional como será o próximo Seminário Internacional: Desenvolvimento de Carreira e Aconselhamento num Mundo Plural e Desafiador, a celebrarse en Braga o 13 de xullo de 2017.

 

Home