Novas

20º Congreso Internacional de Formación para o Traballo (O Porto)

CFPTActualizamos a información sobre o 20º Congreso Internacional de Formación para o Traballo, co-organizado polo grupo GEFIL (USC) da rede RIES, e que se celebrará os días 28 e 29 de xuño no auditorio do Conservatorio de Música do Porto (Portugal).

O prazo límite para a recepción de propostas de comunicación ou póster remata o 3 de xuño.

 

Cartaz pdf

Programa final pdf

 

Raquel Mariño (GEFIL) e a súa investigación sobre cuestións de xénero no ámbito laboral, protagonistas nun artigo do Faro de Vigo

raqfaro2018.jpg

O pasado 25 de marzo, no Faro de Vigo, na súa sección Galicia, recollíase un artigo coa profesora Raquel Mariño (GEFIL-USC) como protagonista, e en relación aos estereotipos de xénero no ámbito laboral.

 

Pode consultarse o artigo completo no seguinte PDF

Programa provisorio do 20º Congreso Internacional de Formación para o Traballo (O Porto)

CFPTAchegase a versión provisional do programa e formulario de inscrición do 20º Congreso Internacional de Formación para o Traballo, co-organizado polo grupo GEFIL (USC) da rede RIES, e que se celebrará os días 28 e 29 de xuño no auditorio do Conservatorio de Música do Porto (Portugal).

O prazo límite para a recepción de propostas de comunicación ou póster remata o 3 de xuño.

 

+Info no programa en PDF

Así foi o Seminario de Doutoramento en Educación "O cerne da traxectoria investigadora"

20180427_120038.jpg

O pasado venres 27 de abril celebrábase, na Facultade de CC. da Educación do Campus Vida da USC un Seminario de Doutoramento en Educación organizado pola RIES sobre "O cerne da traxectoria investigadora", no que terían presenza tanto investigadores principais como en formación de todos os grupos da Rede, presentando as súas liñas de investigación, así como o avance dos seus respectivos proxectos e traballos de tese.

De forma complementaria, desenvolveríanse dúas conferencias. Na primeira delas, o profesor José Muñiz, da Universidade de Oviedo, incidiría na importancia do rigor metodolóxico na investigación educativa e as claves da súa proxección para a publicación en revistas de impacto. Na segunda, o profesor Julio Vera, da Universidade de Málaga, trazaría as perspectivas e eixos de acción de futuro no campo da investigación educativa.

+Fotografías do Seminario a continuación

Ler máis...

Novidades sobre bolsas e convocatorias no BOE e DOG da primeira quincena do mes de abril de 2018

graduate 150374 640 90x94

Actualizada a sección de bolsas e convocatorias da web RIES coas novidades no BOE e DOG da primeira quincena do mes de ABRIL de 2018:

BOE

DOG

 

Home