Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

20171103 181601Os días 3 e 4 de novembro desenvolveríase na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida, e organizado polo GI ESCULCA da USC, o XI Seminario Nacional de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante. Experiencia e Innovación, centrado este ano na Educación Física e o Deporte como Eixo de Convivencia Intercultural.

Na sesión do venres 3 e logo da pertinente inauguración do Seminario, tería lugar un relatorio a cargo de Víctor Arufe (UdC) sobre o deporte e a inclusión social que achegaría o seu punto de vista ao respecto e facendo de introdución á mesa redonda sobre Educación Física e Convivencia Intercultural, onde Margarita Pino (GIES-10, UVigo), Julia Crespo (ESCULCA, USC) e Manuel Isorna (UVigo) abordarían aspectos teóricos, técnicos e experiencias sobre a planificación e práctica do deporte dirixido á educación na e para a interculturalidade.

Continuaría o seminario de dobre sesión o sábado 4. A mañá sería a quenda para o segundo relatorio desenvolto por Rubén Navarro (USC) sobre a Educación Física e A atención á Diversidade, para dar paso a continuación a obradoiros teórico-prácticos:

1. Xogos do mundo. A interculturalidade a través dos recursos lúdicos, Por J. Eugenio Rodríguez e Silvia Basanta.

2. Estratexias de Educación Emocional para a xestión da diversidade cultural desde a Educación Física e o deporte Intercultural, por Mª José Méndez e Aixa Permuy.

3. Aprendizaxe-Servizo (ApS) para a xestión da diversidade cultural no ámbito da Educación Física, por Mar Lorenzo.

Pola tarde, nova mesa, neste caso de experiencias, centradas no Plan Proxecta-Conecta Cultura (curso 2016-2017) promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

A conferencia final, e antes da clausura a cargo do Profesor Miguel A. Santos (Director de ESCULCA e RIES), sería impartida por Pedro Gil (Universidad de Castilla-La Mancha) a Educación Intercultural e o deporte como vía de integración social.

Na clausura, o profesor Santos invitaba á próxima edición do Seminario, xa en proxecto.

 

Vídeos das sesións: https://videocenter.cesga.es/videos/channel/42/

Galería de imaxes das diferentes sesións

 

bwd  Situar 1/5  fwd
20171103_181546.jpg
20171103_181603.jpg
20171103_183336.jpg
20171103_183351.jpg

Home