Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

20150903 112429Do 2 ao 4 de setembro estase a celebrar o  XIII Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía, na Facultade de Educación da Universidade da Coruña. Esta edición conta coa asistencia de numerosos  membros de, practicamente, todos os grupos de investigación da Rede RIES, participando tamén de xeito activo mediante diferentes contribucións en forma de comunicacións nas diferentes mesas temáticas.

 

 

20150903 101954

Este evento está a supoñer unha boa oportunidade para difundir a actualidade das diferentes tarefas investigadoras desenvoltas no seu dos grupos nestes últimos meses, como, por exemplo, as relacionadas coa posta en práctica do programa ECO-FA-SE, a Aprendizaxe-Servizo na Universidade, as tarefas escolares e o rendemento na ESO, orientación ao alumnado Erasmus, o Servizo de Recursos Psicopedagóxicos da USC, ou o desenvolvemento do proxecto europeo Guide My W@y!, entre outros.

Pódese acceder ás galeradas dos traballos completos neste enlace

Máis información na web do congreso: http://congresopsicopedagoxia.udc.es

psicoped2015