O xoves 20 de maio de 17 a 19 h. terá lugar o seminario de difusión "Influencias clave en la toma de decisiones para la carrera profesional", no que se achegarán os principais resultados obtidos no Proxecto Erasmus + Crucial Impacts on Career Choices (CICC) -2018-1-CZ01-KA204-048094.
Organizado polo grupo DIOEP da rede RIES, o seminario desenvolverase online a través de MS Teams. As prazas estarán limitadas a 40 participantes e a data límite de inscrición será ata o 14 de maio (incluído).
+Información:
O profesor Miguel Santos (ESCULCA), coordinador da RIES, será o encargado de realizar a conferencia de apertura na XVII Semana de Licenciatura e VIII Seminário da Pós-Graduação em Educação para Ciências e Matemática: A importância da Educação e da Ciência em tempos de Crise, baixo a organización do Instituto Federal de Goiás (IFG) (Brasil).
A conferencia terá como tema “A prender Juntos en Tempos de Crise. A Ecologia da Cooperação na Ciência e no Ensino”, e será retransmitida vía Youtube o 21 de xuño.
Unha edición máis, membros do grupo DIOEP da RIES formarán parte da comisión científica do Seminário Internacional de Desenvolvimento de Carreira e Aconselhamento.
Nesta edición do 2021, debido as restricións pola COVID, o Seminario celebrarase online o 30 de abril, baixo á organización da Universidade do Algarve.
Inicia o seu camiño a “Revista Educación Investigación, Innovación y Transferencia” (REIIT), que nace por iniciativa da Facultade de Educación da Universidade de Zaragoza.
A revista consta de tres seccións: Investigación, Innovación e Transferencia. Esta publicación é anual e trabállase mediante revisión cega por pares. Cada número estará composto por tres artigos de Investigación, tres de Innovación, e un ou dous de Transferencia. Todos os artigos tratarán de contribuír á investigación educativa nacional e internacional nas súas diferentes etapas e niveis desde unha perspectiva interdisciplinar, segundo se achega no chamamento a contribucións aberto ata o 15 de abril de 2021.
O coordinador da Rede RIES, o profesor Miguel A. Santos Rego, actuará como Editor dun número monográfico sobre “Transversal Competencies, Higher Education and Employment” na revista Education Sciences. Ademais do profesor Santos Rego, o equipo editorial está conformado polas profesoras Concepción Naval Durán (Universidade de Navarra) e Sofía Castanheira Pais (Universidade de Porto).
Datas de interese:
Vénse de publicar un artigo realizado por Anaïs Quiroga Carrillo, Jesús García Álvarez e Mar Lorenzo Moledo, membros do GI ESCULCA, na revista Dirigir & Formar, titulado “Los programas de inserción sociolaboral para las personas reclusas en España”. Este artigo derívase da selección das comunicacións presentadas no 21 Congreso Internacional Galicia/Norte de Portugal de Formación para o Traballo.
O pasado 12 de xaneiro tivo lugar a defensa da tese de doutoramento de Ana Vázquez Rodríguez (ESCULCA), que leva por título “Educación No Formal y Empleabilidad de la Juventud. Algunas evidencias desde el análisis de dos programas”, na Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
A Rede RIES deséxavos unhas felices festas e próspero 2021 logo dun ano que imos deixando atrás moi complicado para todo o mundo. Moita saúde para tod@s!