Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

INCLUSION DA ANALISE DE XENERO NA INVESTIGACION E NA DOCENCIA UNIVERSITARIA page 0001O curso, que será impartido por Capitolina Díaz e está especificamente dirixido a membros do propio GI ESCULCA, terá lugar de modo telemático (MS. Teams) entre os días 30 de setembro e 1 de outubro de 2021 en sesións síncronas, máis 4 semanas de traballo asíncrono.

Ler máis...

PED2021Entrábase na recta final do curso 20-21 coa celebración do esperado XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía, adiado por causa da pandemia, pero que retornou con forza e éxito entre o 7 e o 9 de xullo, capitaneado polo profesor Miguel Santos e coa colaboración de numerosos membros da Rede RIES.

Inauguración presencial con medidas de seguridade, pero logo de xeito virtual, terían lugar múltiples sesións telemáticas multitemáticas que puxeron en escena cuestións de presente e futuro, en especial sobre os efectos da pandemia pola COVID-19 nos diferentes panoramas pedagóxicos e educativos a nivel nacional e internacional.

Ler máis...

CICCMeses atrás foi publicado o informe final dos resultados da investigación realizada desde o proxecto Erasmus + “Crucial Impacts on Career Choices (CICC): Investigación para comprender las influencias en las elecciones de los jóvenes en los centros educativos de primaria y secundaria”.

Ler máis...

cartel CICC2O xoves 20 de maio de 17 a 19 h. terá lugar o seminario de difusión "Influencias clave en la toma de decisiones para la carrera profesional", no que se achegarán os principais resultados obtidos no Proxecto Erasmus + Crucial Impacts on Career Choices (CICC) -2018-1-CZ01-KA204-048094. 

Organizado polo grupo DIOEP da rede RIES, o seminario desenvolverase online a través de MS Teams. As prazas estarán limitadas a 40 participantes e a data límite de inscrición será ata o 14 de maio (incluído).

+Información:

Ler máis...

giesculcaO GI ESCULCA organizará o III Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo na Universidade, que nesta edición se centrará en analizar os criterios de calidade nos proxectos de ApS, así como o impacto desta metodoloxía nas dinámicas de empregabilidade dos/as egresados/as nas universidades europeas.

Ler máis...

VIII Seminario da Pos Graduaçao BrasilO profesor Miguel Santos (ESCULCA), coordinador da RIES, será o encargado de realizar a conferencia de apertura na XVII Semana de Licenciatura e VIII Seminário da Pós-Graduação em Educação para Ciências e Matemática: A importância da Educação e da Ciência em tempos de Crise, baixo a organización do Instituto Federal de Goiás (IFG) (Brasil).

A conferencia terá como tema “A prender Juntos en Tempos de Crise. A Ecologia da Cooperação na Ciência e no Ensino”, e será retransmitida vía Youtube o 21 de xuño.

Ler máis...

Seminario Des 2021Unha edición máis, membros do grupo DIOEP da RIES formarán parte da comisión científica do Seminário Internacional de Desenvolvimento de Carreira e Aconselhamento.

Nesta edición do 2021, debido as restricións pola COVID, o Seminario celebrarase online o 30 de abril, baixo á organización da Universidade do Algarve.

Ler máis...

REIIT logoInicia o seu camiño a “Revista Educación Investigación, Innovación y Transferencia” (REIIT), que nace por iniciativa da Facultade de Educación da Universidade de Zaragoza.

A revista consta de tres seccións: Investigación, Innovación e Transferencia. Esta publicación é anual e trabállase mediante revisión cega por pares. Cada número estará composto por tres artigos de Investigación, tres de Innovación, e un ou dous de Transferencia. Todos os artigos tratarán de contribuír á investigación educativa nacional e internacional nas súas diferentes etapas e niveis desde unha perspectiva interdisciplinar, segundo se achega no chamamento a contribucións aberto ata o 15 de abril de 2021.

Ler máis...

Noticias da Web no mail

Eventos de interese

Maio 2023
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31

Últimos engadidos

IEG 2002-2014

Boletín RIES

Último nº: 22 [xuño 2022]

PortadaBol 22

Grupos de Investigación

 

Logo Mestura P 280 positivo

Servizos

 

unidade logo

Usuari@s en liña

Temos 6 anónimos e ningún membro en liña

Visitas

© 2009-2023 by GPIUTMD