Rodríguez Martinez, S.; Valle Arias, A.; Piñeiro Aguin, I.; Regueiro Fernandez, B. (eds.)
O obxectivo deste manual é ofrecer unha serie de achegas sobre os deberes escolares en relación con diversas cuestións teóricas e aplicadas.
Pretende ofrecer aos investigadores/as e profesionais da educación os fundamentos necesarios no ámbito dos deberes escolares e así axudar a responder a moitas das preguntas sobre as condicións para establecer uns deberes escolares de calidade. O obxectivo é que os deberes deixen de ser unha fonte de conflitos e controversias no ámbito educativo e se convertan nunha ferramenta útil para mellorar a aprendizaxe dos alumnos/as.