Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

1. DATOS IDENTIFICATIVOS
En cumprimento co deber de información recollido en artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, a continuación reflíctense os seguintes datos: a entidade titular do dominio web é Rede de Inmigración Escola e Sociedade (en diante Rede RIES), con domicilio a estes efectos en Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida 15782, Santiago de Compostela.

 

2. USUARIOS

O acceso e/ou uso do portal da Rede RIES  atribúe a condición de USUARIO, que acepta, desde o devandito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas.

 

3. USO DO PORTAL
www.redries.es proporciona o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, "os contidos") en Internet pertencentes á Rede RIES ou ás súas licenciantes aos que o USUARIO poida ter acceso. O USUARIO asume a responsabilidade do uso do portal. Dita responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos.
No devandito rexistro o USUARIO será responsable de achegar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, ao USUARIO pódeselle proporcionar un contrasinal da que será responsable,
comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial da mesma. O USUARIO comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que a Rede RIES ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos da Rede RIES, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificaro manipular as súas mensaxes. A Rede RIES web resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación. En calquera caso, a Rede RIES non será responsable das opinións vertidas polos usuarios a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación que poidan existir.

 

4. PROTECCIÓN DE DATOS
A Rede RIES cumpre coas directrices da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica e demais normativa vixente en cada momento, e vea por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario. Para iso, xunto a cada formulario de solicitude de datos de carácter persoal, nos servizos que o usuario poida solicitar á Rede RIES (vía mail), fará saber ao usuario da existencia e aceptación das condicións particulares do tratamento dos seus datos en cada caso, informándolle da responsabilidade do ficheiro creado, a dirección do responsable, a posibilidade de exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, a finalidade do tratamento e as comunicacións de datos a terceiros no seu caso.

Así mesmo, a Rede RIES informa que dá cumprimento á Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico e solicitaralle o seu consentimento ao tratamento do seu correo electrónico con fins comerciais en cada momento.

 

5. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
A Rede RIES por si mesma ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos na mesma (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de computador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade da Rede RIES ou ben das súas licenciantes.

Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización da Rede RIES. O USUARIO comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade da Rede RIES. Poderá visualizar os elementos do portal e mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu computador ou en calquera outro soporte físico a condición de que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. O USUARIO deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado no as páxinas da Rede RIES.

 

6. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
A Rede RIES non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

 

7. MODIFICACIÓNS
A Rede RIES resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu portal, pudiendocambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal.

 

8. LIGAZÓNS
No caso de que en www.redries.es se dispuxesen ligazóns ou hiperligazóns cara outros sitios de Internet, a Rede RIES non exercerá ningún tipo de control sobre os devanditos sitios e contidos. En ningún caso
a Rede RIES asumirá responsabilidade algunha polos contidos dalgunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún das devanditos hiperligazóns ou outros sitios de Internet.

Igualmente a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

 

9. DEREITO DE EXCLUSIÓN
A Rede RIES resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso a portal e/ou os servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.

 

10.XENERALIDADES
A Rede RIES perseguirá o incumprimento das presentes condicións así como calquera utilización indebida do seu portal exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

 

11.MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN
A Rede RIES poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen.

A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata debidamente publicadas. que sexan modificadas por outras.

 

12. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
A relación entre a Rede RIES e o USUARIO rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Home