La Educación Prohibida, dirixida por German Doin, é unha película documental independente estreada en agosto de 2012, onde se documentan experiencias educativas non convencionais en países de América Latina e España, onde están representadas institucións educativas con prácticas vencelladas ás ideas e pedagoxías como a Educación Popular, Waldorf, Montessori...
As directoras Marta Arribas e Ana Pérez retratan o éxodo de dous millóns de españois que buscaron a prosperidade en Europa nos anos sesenta. Marcharon para uns meses, e quedaron trinta anos.
Políticos e sociólogos coinciden en que a inmigración é o maior problema ao que Occidente se deberá enfrentar no século XXI. En África hai millóns de persoas cuxo único obxectivo é entrar en Europa porque a fame non entende de fronteiras nin de barreiras.