La Educación Prohibida, dirixida por German Doin, é unha película documental independente estreada en agosto de 2012, onde se documentan experiencias educativas non convencionais en países de América Latina e España, onde están representadas institucións educativas con prácticas vencelladas ás ideas e pedagoxías como a Educación Popular, Waldorf, Montessori...
e outras referencias enmarcadas na chamada Pedagoxía Progresista.
Divídese en 10 episodios temáticos que abordan diversos aspectos das prácticas educativas no contexto escolar e fora del. Ademais, o contido da obra complétase con animacións que ilustran cada episodio e por un relato que recorre toda a película.