As directoras Marta Arribas e Ana Pérez retratan o éxodo de dous millóns de españois que buscaron a prosperidade en Europa nos anos sesenta. Marcharon para uns meses, e quedaron trinta anos.
O documental pretende cubrir unha lagoa na recente historia de España e pagar unha débeda cos protagonistas duns tempos difíciles dos que case que non sabemos nada máis cunha breve historia oficial e uns cantos tópicos.