En tempos de confinamento boas son as lecturas. Os grupos da Rede RIES teñen publicado diferentes obras multi-temáticas, de interese para todos e todas. Na sección de publicacións dos grupos de investigación pódense atopar as fichas e referencias de libros, capítulos de libro, artigos e outras obras nas que teñen participado os seus membros.
La Voz de Galicia recolle o éxito na presentación e defensa da Tese de Doutoramento de Iris Estévez Blanco, co-dirixida por Mercedes Sanmamed e Antonio Valle (este último coordinador do GIPED da RIES), na Universidade da Coruña.
A tese, en relación ás ecoloxías de aprendizaxe do profesorado universitario de ciencias da saúde, ten a peculiaridade de ter sido defendida telemáticamente ao atoparse a Universidade en situación de peche físico por causa das medidas contra o COVID-19.
Os profesores Antonio Valle e Susana Rodríguez, do GIPED da UdC, a profesora Mar Lorenzo, do GI ESCULCA da USC, xunto co profesor Pedro Rosário, da universidade do Minho, veñen de editar o monográfico “Homework, Learning and Academic Success: The Role of Family and Contextual Variables”, publicado na revista Frontiers in Psychology.
USC- GI ESCULCA-Rede RIES, organizan o Curso online de Introdución ao AMOS que terá lugar entre os días 20 e 24 de abril de 2020.
Este curso, dirixido a estudantes de doutoramento, desenvolverase de xeito virtual a través da ferramenta Microsoft Teams e abordará os seguintes contidos: análise factorial exploratorio (AFC), análise factorial confirmatorio (AFC) e análise de vías (path analysis).
Achegamos información dunha recente publicación no seo do grupo ESCULCA da USC, derivada do Proxecto UNINTEGRA. Trátase da Guía de integración para personas refugidas en Europa (2019), coordinada pola profesora Mar Lorenzo.
O pasado 17 de febreiro celebrouse na Universidade de Salamanca o seminario “La internacionalización de la investigación y la innovación en las Ciencias de la Educación”, organizado no seo da rede de excelencia “Universidad, Innovación y Aprendizaje en la Sociedad del Conocimiento” (UNIASC), coordinada polo grupo ESCULCA da USC.
Este martes día 11 de febreiro, terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida da USC a I Xornada de educación na cidadanía dixital responsable, organizada polo grupo ESCULCA da Rede RIES.
Abordaranse algúns dos principais aspectos a ter en conta sobre a prevención de riscos nos usos de tecnoloxías na infancia e adolescencia.
O día 26 de marzo deste 2020 celebrarase un novo Seminario de Doutoramento, titulado este ano “O Doutoramento en Educación: rutas para xerar coñecemento”.
Terá lugar na Sala de Xuntas da Facultade de CC. da Educación (Campus Vida).
Coordinará a actividade a profesora Cristina Varela.