O GI ESCULCA da rede RIES, no marco do Proxecto Nacional Implica2 “Implicación familiar e rendemento académico en Educación Primaria. A efectividade dun programa para pais e nais”, organizará as "Xornadas sobre Implicación familiar no fogar: O programa Implica2", a celebrar online o 11 de decembro de 2020.
A data límite para efectuar a inscrición é o 9 de decembro.
Enlace ao formulario de inscrición:
Diversos membros do grupo de investigación DIOEP contribuíron ao libro “International Perspectives on Research in Educational and Career Guidance” da recoñecida editorial Springer, coa participación no capítulo denominado Competences Analysis in Initial Training of Secondary Education Counsellors and European Standards, recentemente publicado.
Inés González, Beatriz Cebreiro e Lorena Casal son autoras dun artigo publicado recentemente na revista RIED (Revista Iberoamericana de Educación a Distancia), titulado,“Nuevas competencias digitales en estudiantes potenciadas con el uso de Realidad Aumentada. Estudio Piloto”, incluído no monográfico “Tecnologías avanzadas para afrontar el reto de la innovación”.
Dito artigo é accesible dende o seguinte enlace:
O Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED) da Universidade da Coruña, en colaboración con investigadores/as doutras universidades e cun grupo de profesores/as dos últimos cursos de Educación Primaria, deseñaron un método para a prescrición de deberes escolares de calidade. Trátase do Método de Implementación de Tarefas para a Casa (MITCA), que ten como propósito converter os deberes escolares nun recurso educativo capaz de mellorar a autorregulación da aprendizaxe e o compromiso escolar dos estudantes.
Enlace de vídeos ao MITCA:
No seo da Cátedra de Hidroloxía Médica da USC, e desenvolta por parte do GI Tecnoeduc, nacía a guía didáctica Os Balenarios de Galicia, presentada e difundida dende a USC e Xunta de Galicia entre outras institucións, e diferentes medios de comunicación. Recentemente La Voz de Galicia recollía unha entrevista a unha das súas autoras, Lorena Casal (Tecnoeduc), na que pon en valor esta guía como recurso didáctico innovador para traballar diferentes temáticas e desenvolvemento de competencias favorecedoras do desenvolvemento integral do alumnado da Educación Primaria e da ESO.
O grupo GIPED da rede RIES e a Universidade da Coruña organizan entre o 15 e o 16 de decembro do 2020 o I Congreso Internacional de Psicología Educativa (CIPED) en modalidade online.
O congreso ten como propósito constituír un foro de debate sobre os principais tópicos de investigación no campo da psicoloxía educativa e doutras áreas afíns da psicoloxía e a educación.
A actividade académica reactívase axustada á realidade condicionada polo COVID-19. Moitas xornadas, congresos, etc. adoptan a modalidade de encontros virtuais.
Por exemplo, destacamos, entre outros, os orgaizados pola Rede educativa DIM-EDU:
Os grupos de investigación da RIES continuaron e continúan coas súas actividades en diferentes proxectos, condicionadas pola situación derivada do COVID-19. As sesión virtuais foron o común denominador para poder desenvolver as diferentes tarefas programadas para un contexto ben diferente do que se está a vivir na actualidade en todo o mundo.
O pasado 22 de xullo, nunha modalidade mixta (presencial e telemática) debido á pandemia da COVID-19, investigadores dos grupos de investigación que conforman a Rede UNIASC e a Rede RIES presentaron os seus traballos no Seminario de Doutoramento, “O doutoramento en educación: rutas para xerar coñecemento”, celebrado na Facultade de CC. da Educación (Campus Vida) da USC.