En setembro iniciáronse as actividades do proxecto Guiding Schools: Mellora dos estándares de calidade para a carreira aprendizaxe e orientación (Erasmus Plus 2020-1-IT02-KA201-079116), aprobado cunha puntuación de 97,5 / 100, cunha vixencia para o período que vai de setembro de 2020 a setembro do 2022, e no que o grupo DIOEP participa en calidade de socio, xunto con outras institucións de Italia, Suecia, Noruega, República de Macedonia do Norte, Bélxica e Alemaña.
Este proxecto abordará os principais problemas de mellora da calidade da orientación profesional e a aprendizaxe na escola, promovendo tamén a formación de profesores e o desenvolvemento de ferramentas dixitais para intervencións de orientación profesional dirixidas aos estudantes (para reducir o abandono escolar temperán e fomentar unhas transicións).
O proxecto ten como obxectivo crear as mellores condicións para compartir experiencias e desenvolver a cooperación entre as institucións educativas, as autoridades locais e os provedores de orientación profesional, para mellorar a calidade dos sistemas de orientación profesional, implementar os mellores recursos de TIC e mellorar as habilidades de todo o persoal profesional involucrado.