Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

Monográfico Frontiers Valle, A., Rodríguez, S., Rosário, P., Lorenzo, M. (eds.)

O propósito principal da investigación recollida neste monográfico publicado na revista Frontiers in Psychology é analizar e identificar as principais variables familiares e contextuais que están implicadas no proceso de realización dos deberes escolares no fogar. Indágase no papel desempeñado por profesores, estudantes e familias para garantir que o traballo escolar sexa unha ferramenta útil de aprendizaxe.

O obxectivo deste monográfico é proporcionar a investigadores e profesionais dos ámbitos da psicoloxía e da educación algunhas das evidencias empíricas máis recentes sobre os deberes escolares no fogar, a súa prescrición e corrección. En xeral, quérese deixar de facer dos deberes unha fonte de conflito e controversia a nivel socioeducativo co fin de proporcionar instrumentos útiles para mellorar a calidade da aprendizaxe dos estudantes.

 

Ver ficha completa do monográfico

Monográfico en PDF (Inglés)

Home