Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

MITCAO Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED) da Universidade da Coruña, en colaboración con investigadores/as doutras universidades e cun grupo de profesores/as dos últimos cursos de Educación Primaria, deseñaron un método para a prescrición de deberes escolares de calidade. Trátase do Método de Implementación de Tarefas para a Casa (MITCA), que ten como propósito converter os deberes escolares nun recurso educativo capaz de mellorar a autorregulación da aprendizaxe e o compromiso escolar dos estudantes.

Enlace de vídeos ao MITCA:

Ler máis...

balneariosNo seo da Cátedra de Hidroloxía Médica da USC, e desenvolta por parte do GI Tecnoeduc, nacía a guía didáctica Os Balenarios de Galicia, presentada e difundida dende a USC e Xunta de Galicia entre outras institucións, e diferentes medios de comunicación. Recentemente La Voz de Galicia recollía unha entrevista a unha das súas autoras, Lorena Casal (Tecnoeduc), na que pon en valor esta guía como recurso didáctico innovador para traballar diferentes temáticas e desenvolvemento de competencias favorecedoras do desenvolvemento integral do alumnado da Educación Primaria e da ESO.

Ler máis...

USC FUTURO FORMACION rev1 001O próximo 12 de novembro celebrarase o Seminario Nacional “El futuro de la formación del profesorado universitario”, en modalidade online, organizado pola Rede de Excelencia “Universidad, Innovación y Aprendizaje en la Sociedad del Conocimiento” (UNIASC), que coordina o GI ESCULCA da Rede RIES.

Ler máis...

CIPEDO grupo GIPED da rede RIES  e a Universidade da Coruña organizan entre o 15 e o 16 de decembro do 2020 o  I Congreso Internacional de Psicología Educativa (CIPED) en modalidade online.

O congreso ten como propósito constituír un foro de debate sobre os principais tópicos de investigación no campo da psicoloxía educativa e doutras áreas afíns da psicoloxía e a educación.

Ler máis...

DIOEPOs grupos de investigación da RIES continuaron e continúan coas súas actividades en diferentes proxectos, condicionadas pola situación derivada do COVID-19. As sesión virtuais foron o común denominador para poder desenvolver as diferentes tarefas programadas para un contexto ben diferente do que se está a vivir na actualidade en todo o mundo.

Ler máis...

3414f2cd 7be5 40aa b5b7 01a7d09e1dbcO pasado 22 de xullo, nunha modalidade mixta (presencial e telemática) debido á pandemia da COVID-19, investigadores dos grupos de investigación que conforman a Rede UNIASC e a Rede RIES presentaron os seus traballos no Seminario de Doutoramento, “O doutoramento en educación: rutas para xerar coñecemento”, celebrado na Facultade de CC. da Educación (Campus Vida) da USC.

Ler máis...

1df48e3a445c5be1d5e5de8a1cab53a1Achéganse as bases do X Premio José Manuel Esteve, promovido pola Facultad de Ciencias de la Educación da Universidad de Málaga, co fin de recoñecer e lembrar o labor docente e investigador no campo da Pedagoxía do que fora catedrático de Teoría da Educación da citada universidade e Doctor Honoris Causa pola Universidad de Oviedo, profesor José Manuel Esteve Zarazaga.

Ler máis...

LibrosEn tempos de confinamento boas son as lecturas. Os grupos da Rede RIES teñen publicado diferentes obras multi-temáticas, de interese para todos e todas. Na sección de publicacións dos grupos de investigación pódense atopar as fichas e referencias de libros, capítulos de libro, artigos e outras obras nas que teñen participado os seus membros.

Noticias da Web no mail

Eventos de interese

Xuño 2023
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30

Últimos engadidos

IEG 2002-2014

Boletín RIES

Último nº: 22 [xuño 2022]

PortadaBol 22

Grupos de Investigación

 

Logo Mestura P 280 positivo

Servizos

 

unidade logo

Usuari@s en liña

Temos 14 anónimos e ningún membro en liña

Visitas

© 2009-2023 by GPIUTMD