Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

librospringerDiversos membros do grupo de investigación DIOEP contribuíron ao libro “International Perspectives on Research in Educational and Career Guidance” da recoñecida editorial Springer, coa participación no capítulo denominado Competences Analysis in Initial Training of Secondary Education Counsellors and European Standards, recentemente publicado.

O obxectivo principal deste capítulo é analizar as competencias deseñadas para a formación inicial do profesorado de educación secundaria en dúas Universidades galegas (Santiago de Compostela e Vigo-Campus Ourense) e establecer a correspondencia coas Normas Europeas elaboradas no marco dos proxectos NICE I e II (Network for Innovation in Career Guidance and Counseling in Europe) entre 2009 e 2014.

Enlace á ficha do capítulo: https://link.springer.com/chapter/10.1007/978-3-030-26135-1_9

Home