De éxito, pode considerarse a celebración desta nova edición do Congreso Internacional Galicia/Norte de Portugal de Formación para o Traballo, reflectido de tal xeito que o aforo reservado para o evento no Centro Obra Social ABANCA en Santiago foi completado. Co-organizado polo GI GEFIL, tamén contaría coa participación e presentación de traballos doutros membros da RIES, como por exemplo do GI ESCULCA.
Do 3 ao 6 de setembro tivo lugar en Hamburgo (Alemaña) unha nova edición do ECER, congreso de prestixio organizado pola European Educational Research Association (https://eera-ecer.de/ecer-2019-hamburg), centrado no tópico “Education in an Era of Risk – the Role of Educational Research for the Future”.
Do 15 ao 17 de xullo a Rede RIES tivo participación no III Congresso Internacional Envolvimento dos Alunos na Escola, celebrado na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Lisboa.
Do 1 ao 3 de xullo de 2020, celebrarase na Universidade de Santiago de Compostela o XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía, que nesta ocasión leva por título “La Educación en Red. Realidades diversas, horizontes comunes”, promovido pola Sociedade Española de Pedagoxía (SEP).
Preside o comité organizador Miguel A. Santos Rego, coordinador da Rede RIES e do GI ESCULCA da USC. Tamén formarán parte deste e doutros comités do evento un importante número de integrantes dos diferentes grupos da RIES.
O Grupo Galego de Estudos para a Formación e Inserción Laboral (GEFIL), da Universidade de Santiago de Compostela, e pertencente á RIES, xunto coa Delegación Rexional do Norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal, co patrocinio e apoio da Xunta de Galicia, e da Deputación Provincial da Coruña, organiza o 21 CONGRESO INTERNACIONAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO: Poboación produtiva maior. A formación e a orientación na empregabilidade e mobilización do talento senior fronte ao edadismo no emprego, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de setembro de 2019 en Santiago de Compostela.
Novas actualizadas sobre o congreso máis abaixo...
O vindeiro luns 24 de xuño organízase unha nova edición do Workshop de Proxectos de ApS na USC, a celebrar na Facultade de Filosofía. Promovido polas vicerreitorías de Organización Académica e a de Comunicación, Cultura e Servizos, conta tamén coa colaboración do GI ESCULCA da rede RIES.
O workshop desenvolverase en horario de 10 a 20 horas e terá un recoñecemento de 8 horas no PFID. A matrícula estará aberta desde o luns día 10 ata venres 21 de Xuño a través do CETA (Prazas limitadas).