Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

CARTEL SEMINARIO APSCANCELACIÓN DO V SEMINARIO DE APS NO ENSINO NON UNIVERSITARIO
Desde a organización do V Seminario de aprendizaxe-servizo no ensino non universitario anunciamos que lamentablemente o citado evento non se poderá celebrar por non acadar o cupo mínimo de participantes. Agardamos poder retomar a súa celebración nos vindeiros meses.
Entre os días 23 e 25 de outubro o GI Esculca organiza un ano máis o "V Seminario de Aprendizaxe-Servizo no ensino non universitario", a celebrar na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). Este encontro sitúase como un foro para compartir coñecementos e experiencias desde a horizontalidade, de tal xeito que esta metodoloxía experiencial poda consolidarse no sistema educativo de Galicia.
A matrícula é gratuíta ata cubrir prazas (por orde de inscripción). Este seminario ten solicitado o recoñecemento formativo da Conselleria de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia. O prazo para incribirse será do 10 ao 21 de Outubro.

Home