De éxito, pode considerarse a celebración desta nova edición do Congreso Internacional Galicia/Norte de Portugal de Formación para o Traballo, reflectido de tal xeito que o aforo reservado para o evento no Centro Obra Social ABANCA en Santiago foi completado. Co-organizado polo GI GEFIL, tamén contaría coa participación e presentación de traballos doutros membros da RIES, como por exemplo do GI ESCULCA.
Baixo o tema “Poboación produtiva maior: a formación e a orientación na empregabilidade e mobilización do talento senior fronte ao edadismo no emprego”, o congreso desenvolveríase do 19 ao 21 de setembro en Santiago de Compostela.
Noticia na RTVG
+Imaxes