Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

fpt2019O Grupo Galego de Estudos para a Formación e Inserción Laboral (GEFIL), da Universidade de Santiago de Compostela, e pertencente á RIES, xunto coa Delegación Rexional do Norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal, co patrocinio e apoio da Xunta de Galicia, e da Deputación Provincial da Coruña, organiza o 21 CONGRESO INTERNACIONAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO: Poboación produtiva maior. A formación e a orientación na empregabilidade e mobilización do talento senior fronte ao edadismo no emprego,  que se celebrará os días 19, 20 e 21 de setembro de 2019 en Santiago de Compostela.

Novas actualizadas sobre o congreso máis abaixo...

Preténdense traballar os desafíos do edadismo na Formación, a Orientación e o Emprego; debater acerca de como se está abordando a discriminación por razón de idade por parte destas disciplinas, polas administracións, as políticas, os empregadores/as, os sindicatos e a sociedade. Igualmente quérese reflexionar acerca da necesidade de innovar as súas lóxicas e misións ao respecto, e anticipar algunhas liñas de investigación e traballo fronte aos posibles riscos do seu impacto na empregabilidade  e ocupabilidade das persoas maiores nos contornos VUCA e nas sociedades líquidas, como poboación produtiva de pleno dereito,  cando  aspiramos á inclusión real.

Desde o Comité Organizador do Congreso convídase a participar aos/as interesados/as,  e lémbrase que poderase enviar o resumo de propostas de comunicación e/ou póster, co beneficio dunha redución na cota, si se fai e se se realiza a inscrición antes do día 20 de xuño, a través do enlace: https://sites.google.com/view/19congresogalicianorteportugal/participaci%C3%B3n/inscrici%C3%B3n

Visitando a páxina web do Congreso (http://xurl.es/njue8), poderase atopar ampla información sobre todo o relacionado coa súa organización e desenvolvemento, así como os formularios, plantillas e datos sobre a estancia en Santiago de Compostela durante os días de celebración do Congreso.

Novas actualizadas:

Ampliado o prazo para a presentación de traballos e matrícula reducida até o 14 de xullo. Pódense presentar comunicacións en modo ONLINE, e haberá dúas publicacións derivadas do congreso: o libro de Actas e unha publicación monográfica sobre a temática, á que opta a mellor comunicación.
Para máis información: http://xurl.es/njue8

+Información:

Margot Valcarce Fernández

Comisión Organizadora

congreso.21ft@usc.es

Home