O vindeiro luns 24 de xuño organízase unha nova edición do Workshop de Proxectos de ApS na USC, a celebrar na Facultade de Filosofía. Promovido polas vicerreitorías de Organización Académica e a de Comunicación, Cultura e Servizos, conta tamén coa colaboración do GI ESCULCA da rede RIES.
O workshop desenvolverase en horario de 10 a 20 horas e terá un recoñecemento de 8 horas no PFID. A matrícula estará aberta desde o luns día 10 ata venres 21 de Xuño a través do CETA (Prazas limitadas).
Trátase de poder xerar un espazo de intercambio e coñecemento do que podan saír ideas de mellora para os proxectos existentes e de nova liñas de traballo para futuros proxectos. Este tipo de espazos son necesarios para continuar afondando na calidade da proposta que a USC está a facer a través da institucionalización desta metodoloxía na súa estratexia formativa.
Matrícula: http://www.usc.es/gl/servizos/pfid/pfid_matricula_aberta.html?matricula=aberta&ano=69