Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

1df48e3a445c5be1d5e5de8a1cab53a1Achéganse as bases do X Premio José Manuel Esteve, promovido pola Facultad de Ciencias de la Educación da Universidad de Málaga, co fin de recoñecer e lembrar o labor docente e investigador no campo da Pedagoxía do que fora catedrático de Teoría da Educación da citada universidade e Doctor Honoris Causa pola Universidad de Oviedo, profesor José Manuel Esteve Zarazaga.

O obxecto do concurso é o fomento e difusión de traballos pedagóxicos que contribúan a dar a coñecer, difundir e afondar na reflexión e análise da educación, do seu exercicio profesional e dos seus ámbitos de actuación.

Máis información coas bases neste enlace: https://www.uma.es/departamento-de-teoria-e-historia-de-la-educacion/noticias/premio-jose-manuel-esteve

Home