O pasado 22 de xullo, nunha modalidade mixta (presencial e telemática) debido á pandemia da COVID-19, investigadores dos grupos de investigación que conforman a Rede UNIASC e a Rede RIES presentaron os seus traballos no Seminario de Doutoramento, “O doutoramento en educación: rutas para xerar coñecemento”, celebrado na Facultade de CC. da Educación (Campus Vida) da USC.
Dito encontro, do que xa se teñen celebrado 6 edicións, configúrase como un espazo de intercambio e reflexión entre os investigadores/as en formación das Redes de Investigación que o organizan.
Máis información na web de ESCULCA
Fonte e imaxe: ESCULCA