Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

DIOEPOs grupos de investigación da RIES continuaron e continúan coas súas actividades en diferentes proxectos, condicionadas pola situación derivada do COVID-19. As sesión virtuais foron o común denominador para poder desenvolver as diferentes tarefas programadas para un contexto ben diferente do que se está a vivir na actualidade en todo o mundo.

Así, por exemplo, grupos como o GI DIOEP puideron proseguir a pleno rendemento nestes meses coas súas actividades investigadoras no seo de dous proxectos europeos: “Crucial Impacts in Career Choices” (CICC ) e “Careers around me” (Careers), ambos en relación á Orientación para a Carreira. Neste último proxecto tense virtualizado a técnica dos Research Circles para adaptala ás necesidades actuais e poder traballar a distancia con investigadores/as e profesionais da orientación educativa e profesional en exercicio. Ademais, o Careers tamén vén de facer pública a súa páxina Web (https://www.careersproject.eu), onde é posible subscribirse á súa newsletter (https://www.careersproject.eu/index.php#contacts) para acceder á toda a información de actualidade do mesmo.

Xa a punto de comezar cun novo curso académico, os grupos da RIES seguen e seguirán plenamente activos e involucrados coas súas actividades ao servizo da sociedade.

Home