Inicia o seu camiño a “Revista Educación Investigación, Innovación y Transferencia” (REIIT), que nace por iniciativa da Facultade de Educación da Universidade de Zaragoza.
A revista consta de tres seccións: Investigación, Innovación e Transferencia. Esta publicación é anual e trabállase mediante revisión cega por pares. Cada número estará composto por tres artigos de Investigación, tres de Innovación, e un ou dous de Transferencia. Todos os artigos tratarán de contribuír á investigación educativa nacional e internacional nas súas diferentes etapas e niveis desde unha perspectiva interdisciplinar, segundo se achega no chamamento a contribucións aberto ata o 15 de abril de 2021.
Máis información sobre a achega de contribucións (PDF)
Acceso á revista: https://papiro.unizar.es/ojs/index.php/eiit